Cargando Eventos

San Xoán participativo na Alameda

Cada ano, e non falla, a noite de San Xoán é especial no barrio da Alameda de Chantada. As malas vibracións arderán de novo na fogata cando a noite do domingo para o luns a festa estea xa ben avanzada no contorno do muíño e do río Asma. Un ano máis será unha festa aberta e participativa na que cadaquén levará a súa merenda cea e haberá dispoñibilidade para usar as grellas a partir das nove da noite. Coma sempre xurdirá a música e o baile nunha foliada na que está permitido aos músicos e músicas levar os instrumentos.

23 Xuño, 2019 - 24 Xuño, 2019

9:00 p.m. a 12:30 a.m.

Chantada

Manuel Formoso Lamas
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map