Cargando Eventos

Semana Cultural do San Ramón en Salcedo

Protagonista: Concello A Pobra do Brollón

Do 24 ao 29 de agosto a parroquia de Salcedo será centro de actividade cultural na Pobra do Brollón. A semana do San Ramón, na que tradicionalmente se celebraron festas na aldea nas últimas décadas, estará nestes tempos dedicada á memoria, ao patrimonio e á cultura con actividades espalladas.

O martes 24 a nave de Salcedo será escenario para o obradoiro infantil  Na Procura do Lume ás 18.00h., e ás 20.00h proxectarase a primeira parte do documental ‘A Aldea Circular,’ gravado nesta localidade a través de conversas entre os/as novos/as e os/as maiores que residen ou regresan ao patrimonio.

O mércores, 25 de agosto, terá lugar unha andaina cara ao xacemento de Penas do Castelo, que ven de iniciar a campaña de escavacións estes días, será ás 18.30h.

Xa o xoves, na Cantina de Julia, haberá chateo con Nacho Munilla e a temática da conversa serán os Paxariños de Salcedo.

O venres, 27 de agostoo chateo será na casa Salanova coa temática de ‘O Castrillón: Un paralelo de Penas do Castelo?’ con Martiño X. Vázquez. ás 20.00h

Xa o sábado, 28 de agosto, volverá un obradoiro infantil arredor dos Taladros prehistóricos ás 11.00h. e ás 12.00h segunda parte da proxección do documental Aldea Circular, gravado en Salcedo.

O domingo 29  o músico salcedao Ale dará un concerto na nave a partir das 20.00h.

Todas as actividades son de balde, pero será preciso facer reserva previa a través do Whatsapp 650 624 828

 

24 Agosto - 29 Agosto

Pobra do Brollón

San Xoán de Salcedo
Pobra do Brollón,
+ Google Map