Cargando Eventos

Sendeirismo deportivo

Protagonista: Escolas Deportivas Municipais de Chantada

As Escolas Depotivas Municipais de Chantada continúan a encher estas fins de semana de outono con propostas de sendeirismo.

A deste sábado, 24 de novembro, sairá ás 15:30 h. do pavillón municipal e o roteiro desta volta está deseñado para coñecer mellor as ribeiras de San Fiz. A dificultade é baixa-media e o percorrido circular será de 7,3 kilómetros cunha duración estimada duns 100 minutos. Todas aquelas persoas que desexen participar teñen que anotarse nunha lista exposta no taboeiro e anuncios do pavillón ou chamar ao número de teléfono 606 266 898.

Os monitores recomendan vestir ou levar roupa de abrigo e calzado axeitado para camiñar. Unha botella de auga tamén será ben recomendable e poderán prestarse bastóns de sendeirismo e podómetros.

 

24 Novembro, 2018

3:30 p.m. - 6:00 p.m.

Sin localización