Cargando Eventos

Sendeirismo polas ribeiras de Sabadelle

Protagonista: Escolas Deportivas Municipais de Chantada

As ribeiras de Sabadelle, en Chantada, son a proposta que o Concello de Chantada fai para este sábado 22 de xuño para todas aquelas persoas que gozan dos paseos e do sendeirismo. Camiñar e explorar en grupo os viñedos en activo e as zonas de monte pode ser unha gran opción para os e as camiñantes da zona nunha nova ruta das Escolas Deportivas Municipais de Chantada. A dificultade deste tramo é media-baixa. Para acudir, é necesario anotarse nunha lista no pavillón municipal ou a través do número de teléfono 606 26 68 98 antes do venres.

 

22 Xuño, 2019

6:00 p.m. - 8:00 p.m.

Chantada

Praza Lamas Carvajal s/n
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map