Serán Artístico
Protagonista:
Espazo C
O escritor Rafa Lobelle presenta este sábado, 15 de decembro, no Espazo C, en Chantada, o seu poemario Física Elemental. Será a través dun collage artístico xunto coa formación musical Phantom Mollo ás sete e media da tarde.
Pero antes, ás 17.30 h. este mesmo establecemento organiza a actividade Pintamos Poemas a cargo das ilustradoras Cristina Ouro e Lucía Lobelle. Está destinada a nenos maiores de 5 anos e para participar é necesario inscribirse previamente.