Cargando Eventos

Vermú en zapatillas con Gin Toni’s hoxe

Protagonista: Gin Toni´s Group

O vocalista da formación musical Gin Tonis, o noso veciño do Saviñao Andrés Montes, ofrece este venres en directo un pequeno concerto a través das redes sociais Instagram e e Facebook. Será este día 20, ás 13.00 h. e para iso hai que seguir a @gintonisgroup en IG ou a páxina de face Gin Toni´s e gozar das versións ás que nos ten acostumado este grupo, desta volta en solitario e dende a casa, a cargo do seu cantante.

Os músicos solidarízanse nestes durísimos momentos de confinamento polo Coronavirus nos que temos que quedar na casa. Nos días pasados outros músicos como o chantadino André tamén levaba a cabo unha iniciativa similar a través das redes de Phantom Molho. Quedar na casa é a nosa obriga, e ser positivos tamén. Sen dúbida, a música é a nosa vitamina.

 

 

 

 

20 Marzo, 2020

1:00 p.m. - 1:45 p.m.

Sin localización