Cargando Eventos

Son D’Aldea 2019

Protagonista: Son D’Aldea

Esta fin de semana un novo festival lévanos ás terras veciñas da Ulloa novamente. A IX edición do Son D’Aldea clebrase este 6 e 7 de setembro nas aldeas de Albá, Santo Xusto, Vilafofe e Pambre, no municipio de Palas de Rei. Os veciños e veciñas son os protagonostas deste evento dinamizador da cultura rural galega co fin de amosala proxectala e pola en valor. Teatro, gastronomía, debates e moita festa compoñen un encontro exemplar moi pertiño da Ribeira Sacra.

 

PROGRAMA DO VENRES 6 DE SETEMBRO:
17:00 MESA REDONDA: “AS PERSOAS MAIORES NO MEDIO RURAL”
Conferenciantes: Mª. Carmen Morán de Castro (USC). Alberto Saco (UVigo). Raquel Vázquez Pérez (UVigo)
20:00 – PRESENTACIÓN DO LIBRO: AS NOVAS NA ALDEA, 2018, con Toño Núñez
20:15 – MONÓLOGO: “Daló de onde eu veño…”; CAXOTO (Felipe Díaz).
21:00 – CEA CON PRODUTOS DA ALDEA E ENCOMENDA.
22:00 – Actuación da Asociación Cultural “PALACIO DO REI”.

PROGRAMA DO SÁBADO 7 DE SETEMBRO.
9:00 – RECEPCIÓN DOS PARTICIPANTES
10:00 – ROTEIRO TEATRAL: OS OLLOS DA EXPERIENCIA.
Outorgamos xesto e vida ás raíces e ás sombras dos devanceiros no rural; tentamos que a lembranza colme ocos e vontades e resoen as voces da aldea antano coma ondas dun eco sen fin. Mergullamos no ser das persoas maiores, punto de unión e de experiencia, vagar cos netos e labor de presenza inmenso, garda e respecto. Achegámosnos á memoria da tribo, á humanidade e ás lendas; celebramos o cariño e a atención que os maiores nos merecen.
14:30 – XANTAR NA ALDEA.
17:00 – MOSTRA DE OFICIOS ARTESÁNS E ARTESANÍA ALIMENTAR NA ALDEA E XOGOS POPULARES CON XOTRAMU.
20:00 – ACTUACIÓN: AS CANTIGAS DE ELENA.
21:00 – ROMARÍA con OS MELIDAOS.

6 Setembro, 2019 - 7 Setembro, 2019

Palas de Rei
Palas de Rei, Lugo Spain
+ Google Map