Cargando Eventos

Subida a Chantada

Protagonista: Escudería Chantada

A 47 edición da Subida a Chantada celebrarase do 30 de xullo ao 1 de agosto. A proba, valedoira para o Campionado de España de Montaña, retómase logo da suspensión do ano pasado.. A Escudería Chantada, que preside Alfonso Viana, levou a cabo a presentación desta cita automobilística xunto con varias autoridades na vila do Asma. Pediulle a todos os afeccionados e deportistas que extremen as medidas de autoprotección pola pandemia da Covid-19, e que respecten tanto as restricións fixadas polas autoridades sanitarias como as normas de seguridade marcadas pola organización, tamén en canto á protección dos viñedos de Chantada e O Saviñao.

30 Xullo, 2021 - 1 Agosto, 2021

Chantada

Chantada
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map