Cargando Eventos

‘Tabú’ no escenario teatral e musical en Pantón

Protagonista: Concello de Pantón

O próximo sábado, día 7 de agosto, na praza do Concello de Pantón terá lugar unha función que aglutina interpretación e música en directo. “Tabú” é  un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: Fillas do Tabú. “Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades”. A peza de Carmen Conde, conta coa música en vivo de Nastasia Zürcher, son de Ezequiel Orol e a produción de Diego Gallego.

A función será de balde respectando as normas contra a propagación da Covid-19.

7 Agosto, 2021

10:00 p.m. - 11:59 p.m.

Pantón

Ferreira de Pantón, Lugo
+ Google Map