Cargando Eventos

Taller de memoria e envellecemento activo

Promover a independencia das persoas maiores ou con demencias é a meta principal dos obradoiros que estes días aproveitan moitos veciños e veciñas na Casa do Concello de Carballedo. Son os talleres de memoria e envellecemento activo no rural que a asociación AFACHANTADA e maila propia administración local teñen en marcha en horario de mañá os martes e os xoves.

Está dirixido a persoas maiores de 60 anos e impartido pola terapeuta ocupacional da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da comarca de Chantada.

Non esquecer a lectura, a comprensión e tamén o hábito da escritura, por exemplo, é fundamental cando se acada unha certa idade. Os exercicios de xeronto-ximnasia e as actividades de ocio tamén forman parte deste programa.

 

Para máis información:

Teléfono Concello de Carballedo: 982 466 201

6 Febreiro, 2019 - 6 Abril, 2019

9:00 a.m. a 1:00 p.m.

Carballedo

Carballedo Lugo Spain
+ Google Map