Cargando Eventos

Teatro completo de Xosé Lois García

A obra que recolle o teatro completo do escritor Xosé Lois García será presentada o vindeiro mércores, 11 de decembro, na Biblioteca Pública de Sober. Nun acto en colaboración co Club de Lectura Pintor de Castinande, o autor presentará esta extensa publicación que recolle as obras dramáticas creadas de 1996 a 2019. O libro contén dúas pezas inéditas e un estudo preliminar de Elza Hauresko. No evento tamén haberá musica a cargo da acordeonista francesa Marie. Será ás 19.00h. e estará presentado polo soberino Alfonso Campos, do colectivo cultural O Colado do Vento.

 

11 Decembro, 2019

7:00 p.m. - 8:00 p.m.

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, 27460
+ Google Map