Cargando Eventos

Teatro: Libre coma os paxaros.

Protagonista: Teatro do Atlántico

O espectáculo da compañía Teatro do Atlántico Libre coma os paxaros chega a Chantada. Na montaxe a figura protagonista é Rosalía de Castro, quen, interpretada por María Barcala, se dirixe ao público en primeira persoa compartindo as particularidades da súa propia orixe, do seu pensamento, da súa circunstancia social e dos condicionamentos que ten que superar para ser quen de exercer a creación poética e literaria.

Trátase dunha peza teatral para público adulto e adolescentes de máis de 14 anos. A á área de Cultura da Deputación de Lugo xunto co Concello de Chantada e o colectivo Airoá Comunicación impulsan esta nova cita coa cultura na Ribeia Sacra. A entrada é de balde e a función comezará ás 20.00h. no auditorio municipal de Chantada.

Toda a información sobre esta peza en🔻https://teatrodoatlantico.com/2020/11/05/libre-coma-os-paxaros/

 

1 Abril, 2022

8:00 p.m. - 9:00 p.m.

Chantada

Praza Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
A Barrela, Lugo
+ Google Map