Cargando Eventos

Teatro para o Outono Cultural

Protagonista: Concello de Pantón

As artes escénicas son este ano protagonistas no Outono Cultural de Pantón. As fins de semana énchense de teatro en Ferreira cunha intensa programación que se prolongará durante todo o mes de novembro e terá continuidade o 27 de decembro. Para seguir con estas accións que arrancaron o 14 de outubro coa representación de ‘A voda de Esganarello’ de A Ruada,  e despois a compañía Os Trocos e a súa peza ‘Farsa Plautina o sábado 28 de outubro. Despois de Augas do Sil  chegou o grupo de teatro Muxicas de Ourense. Este 25 de novembro foi a quenda de ‘A verdadeira historia de Manuel de Parderna’ a cargo da compañía Lucecús Teatro e para o vindeiro, 2 de decembro, tamén hai cita. Desta volta o Grupo de Teatro de Prodeme presenta a obra ‘Un mal día’. Trátase dunha adaptación da peza dramática de Hugo Daniel Marcos.  Coma sempre, a entrada é aberta e de balde e a función terá lugar no centro salón de actos do Concello de Pantón ás 18.00 h.

Pantón

Praza do Concello s/n
Ferreira, Lugo 27430 Spain
+ Google Map