Cargando Eventos

Terror Erótico como aperitivo ao Festóso

Protagonista: Asoc. Cultural O Marrao Enxebre

Taboada xa quenta os motores para celebrar o festival Festóso. Para iso as mozas e os mozos de O Marrao Enxebre presentarán este sábado, 1 de febreiro, a cita. Será a través dun concerto da formación Terror Erótico Adolescente-TEA- que comezará ás 23.00h. no centro cívico da localidade. Os músicos aproveitarán para presentar temas novos e facer unha auténtica festa. Será este outro dos preludios da Festa do Caldo de Ósos, que vivirá unha nova edición pola fin de semana do Entroido, ao igual que o propio festival musical promovido polo colectivo xuvenil e apoiado polo Concello.

Fotografía: Ana Ortega

29 Xaneiro, 2020

8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Taboada

Rúa Ánxel Fole
Taboada, Lugo 27550 Spain
+ Google Map