Cargando Eventos

Transheroica BTT no Saviñao e Chantada

A Transheroica BTT Race celebrarase os días 2 e 3 de marzo nos montes dos concellos do Saviñao e Chantada. A proba organizada polo  Club Ciclista Chantadino Master Team terá o sábado pola tarde unha contrarreloxo individual de 20 quilómetros e o domingo pola mañá unha tirada cross country maratón (XCM) de aproxidamente 65 km.

A saída darase ás 15:30 horas do sábado co primeiro participante na contrarreloxo, mentres que o domingo os ciclistas poranse en marcha ás 10:30 horas. Vía Romana e os dous concellos que acollerán a competición son os patrocinadores principais deste evento.

Máis información :  teléfono 665 784 816

2 Marzo, 2019 - 3 Marzo, 2019

3:30 p.m. a 1:30 p.m.

Sin localización