Cargando Eventos

Trío Zukan fará soar a súa mestura de acordeón, txistu e percusión

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade programan un concerto do Trío Zukan para o día 10 de outubro. A actuación, de entrada gratuíta, desenvolverase no Hotel Pazo de Sober ás 19:30 horas.
En 2014 xorde Trío Zukan axuntando tres instrumentos pouco comúns como a percusión, o acordeón e o txistu (frauta tradicional do País Vasco).
Nas orixes de Zukan, o repertorio para esta combinación instrumental era inexistente. Por ese motivo, os seus integrantes decidiron promover un proxecto en colaboración con diferentes compositores coa intención de xerar un novo repertorio.
A única premisa exposta aos creadores foi que desen a súa visión particular sobre unha combinación instrumental tan atípica. Todos os demais aspectos -duración, instrumentación, estética…- quedaban a elección do compositor.
Zukan encargou, revisou e estreou máis de vinte obras de compositores nacionais e internacionais como María Eugenia Luc, Mikel Chamizo, Hugo Morales, Isabel Urrutia, Francisco Domínguez, Vassilis Filippou, Óscar Escudero, Helga Arias e Sofía Martínez, e ten en marcha diferentes proxectos de creación con outros compositores destacados.

 

Información: Concello de Sober

10 Outubro, 2020

7:30 p.m. - 8:30 p.m.

Sober

Camiño do pazo s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map