Cargando Eventos

Túnel do Viño cos premiados Gran Patrimonio Ribeira Sacra

Protagonista: Centro do Viño da Ribeira Sacra

Hai plan para os amantes do viño nesta ponte da Constitución. O Centro do Viño da Ribeira Sacra organiza un túnel do viño relacionado coa 5ª Cata Concurso Patrimonio Ribeira Sacra. Consiste nunha cata degustación con todos os viños galardoados como Gran Patrimonio no citado concurso. Terá lugar os días 7 e 8 de Decembro de 2018 en horario de  11:00 h. a 14:00 h. e de 16:30 h. a 20:00 h no propio centro, en Monforte de Lemos.

O obxectivo é dar a coñecer algúns dos viños premiados nesta cata na que foron valorados por máis dunha vintena de expertos da Asociación Gallega de Enólogos. Explicaranse as variedades de uvas que se utilizan para cada unha das elaboracións, diferenzas entre uns viños e outros e zonas as que pertencen. Ao fin e ao cabo a finalidade é facilitar un maior coñecemento dos distintos viños que se elaboran na D.O. Ribeira Sacra.

 

O custe será de 5€ por persoa e poderanse probar 10 viños premiados con medalla de ouro nas diferentes categorías:

Tintos xóvenes da colleita 2017 :  Guímaro,  Gaela Os Queixeiros e Viña Peón.

Tintos barrica e  outras añadas: Promine 2016, Don Diego 2017, Corga 2014.

Brancos xóvenes da colleita 2017:  Almalarga, Viña Vella e Finca Míllara 2016.

Rosado GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA: Peza do Rei.

Para máis información os interesados poderán dirixirse ao Centro do Viño da Ribeira Sacra (C/ Comercio Nº6 – Monforte de Lemos) ou chamar ao teléfono 982 105 303.

7 Decembro, 2018 - 8 Decembro, 2018

11:00 a.m. a 8:00 p.m.

Monforte de Lemos

Rúa Comercio, 6
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map