Cargando Eventos

Un campamento para coñecer ben as parroquias

Protagonista: Concello de Sober

Sober xa ten aberto o prazo de inscrición no III Campamento de Verán ‘Coñece o teu Concello’ que se desenvolverá na localidade durante o mes de xullo. Trátase dun programa lúdico e educativo. Trátase dunha acción singular, xa que trata de achegar aos nenos e nenas ás parroquias do municipio, as súas peculiaridades e os seus oficios característicos. Nesta terceira edición do campamento de verán ofértanse 15 prazas para nenos e nenas deben ter unha idade comprendida entre os 4 e os 12 anos. Terán prioridade aquelas familias empadroadas no Concello de Sober. A inscrición, gratuíta, estará aberta ata o vindeiro 21 de xuño.
Poden obter máis información:  no Concello ou no teléfono 982 460 414/ www.concellodesober.com

13 Xuño, 2019 - 31 Xullo, 2019

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map