Cargando Eventos

Un mes de acción cultural para toda a familia

Protagonista: Concello de Bóveda

O Concello de Bóveda vivirá un mes de outubro cultural con acción para toda a veciñanza sen distinción de idade.
O venres día 9 de outubro ás 16:30 horas haberá un obradoiro de robótica para achegar aos nenos e nenas as tecnoloxías do futuro desde o centro cultural. Os participantes coñecerán os fondos científicos e técnicos dispoñibles na biblioteca
municipal e levarán para a casa o seu propio robot. A actividade está dirixida a nenos e nenas de 9 a 12 anos e contará con 12 prazas.
O venres día 16 ás 16:30 horas Trémola Teatro porá en escea ‘Nenas, moi valentes’ que versa sobre a historia de dúas nenas que unha noite de festa de pixamas descobren un libro de mulleres que fixeron historia. A actividade está pensada para todos os públicos e terá 30 prazas dispoñibles.
O venres día 23 ás 16:30 horas Marta Ortíz presenta ‘Galicia Máxica. Homenaxe a Carbalho Calero’ a través de contos da tradición oral galega e lusófona. Poderán acceder todos os públicos ata completar un aforo de 30 persoas.
O mesmo día 23, ás 20:30 horas, levarase a cabo o obradoiro ‘Cóntoche un baile’ a partir de música, baile e xogos tradicionais. É unha actividade recomendada para o público familiar na que poderán participar 20 persoas. O sábado 31 ás 18:00 horas Rubén Pérez Pombo achega a Bóveda o Magosto de Teatro ‘A viaxe do Señor López’. Haberá 40 prazas dispoñibles para un público familiar a partir dos seis anos.

Todas as actividades se van celebrar no Centro Sociocultural de Bóveda previa inscrición. Para levar a cabo esta programación o Concello de Bóveda conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

Como consecuencia da situación sanitaria será preciso inscribirse antes en:

cultura@concellodeboveda.com
ou no teléfono 82 42 61 77.

1 Outubro - 31 Outubro

Bóveda

Río Mao, 4
Bóveda, Lugo 27340 Spain
+ Google Map