Cargando Eventos

Un Nadal infantil en Chantada

Vaiamos fregando o bandullo e facendo sitio para o roscón porque está a piques de chegar a filla do Apalpador. Ven dende O Caurel a Chantada e trae castañas e moitos desexos de paz e harmonía entre as persoas e coa natureza. E coa súa actuación o día 22 de decembro ás 18 h. o Concello de Chantada abre a súa programación de Nadal, coma sempre poñendo por diante ás máis entusiastas deste tempo: as crianzas.

 

A Coral Polifónica de Chantada ofecerá o día 23 de decembro o seu Festival de Panxoñiñas ás 18 h. no Auditorio Municipal. Estará presentado por Beatriz Pérez Pereira de MáisqueRománico e contará coa actuación da Coral Polifónica de Taboada, o Coro Berea de Sober, o Son Ribeirao de Chantada e a Coral Polifónica de Chantada.

A Parroquia de Santa Mariña  organiza unha tarde de cinema o venres 28 de decembro ás 17:30 h. na Aula da Catequese. Proxectarán o filme “Se armó el Belén”, o film de 2017 de Timothy Reckart.

O día 3 de xaneiro as e os cativos terán tamén a actividade ‘Planetario Ciencia Kids-Fulldome space’, un sistema audiovisual inmersivo, que ofrece a Deputación de Lugo. O día grande das crianzas, o 5 de xaneiro, terá lugar a tradicional cabalgata de Nadal e posterior recepción dos Reis Magos no Auditorio.

A Asociación de Empresarios/as de Chantada e o Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada ofrecerán un concerto a noite do 29 de Decembro. A actuación correrá a cargo de bandas da Comarca: PunkdereteirasFábrica de Espejos e será na Praza de Galicia ás 19h.

Haberá tamén xogos populares a cargo de Velaísca os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en dúas quendas: de 4 a 6 anos de 11 h. a 12 h. e de 12:15 h. a 13:30 h. de 7 anos en adiante. O Nadal Musical da Casa da Música propón actividades lúdico-educativas para coñecer a música mediante o xogo. O 2, 3 e 4 de xaneiro haberá dous grupos: de 8 a 11 anos de 10:30 h a 12 h. e de 4 a 7 anos de 12:30 h. a 13:30 h. 

 

A Casa da Cultura ten programado un ciclo de cinema infantil ás 17 h. dos días 26, 27 poderemos ver El hijo de Bigfoot e Ferdinand respectivamente. O 2 e 3 de xaneiro poderemos ver Peter Rabbit e Coco respectivamente.

 

22 Decembro, 2018 - 5 Xaneiro, 2019

6:00 p.m. a 8:00 p.m.

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map