Cargando Eventos

Unión contra a violencia machista e contos pola Igualdade

Protagonista: Concello A Pobra do Brollón

Nestes días multiplícanse os actos para amosar publicamente o rexeitamento ás violencias machistas coa celebración do 25N. A Pobra do Brollón é un dos municipios, entre moitos outros da zona, onde xa anunciaron cales serán as súas actividades. O luns 25, ás 11:00 h., terá lugar diante do Concello unha concentración na que se gardará un minuto de silencio contra este tipo de violencia. Dende o Concello queren que participe toda a veciñanza que poida acudir, de ser posible, cunha prenda de vestir de cor negra. Repartiranse bolsas de tea, chapas e pulseiras para fomentar que cada persoa poida colaborar en difundir a campaña. Despois da concentración, ás 11:30h,  está prevista unha sesión de contos pola igualdade con Ana Hermida da Asociación Lisístrata. Participarán as nenas e os nenos do CEIP A Pobra do Brollón, que tamén contarán contos. A actividade será na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e a entrada é libre e gratuíta para todo o público.

25 Novembro, 2019

11:00 a.m. - 12:00 p.m.

Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map