Cargando Eventos

V Festa da Carne Arreglada

Que dicir da carne da Peroxa? Cocida ao caldeiro ou ‘arreglada’ son dous dos mellores xeitos de degustar o produto local ao xeito tradicional nas feiras. Pois o día 24 de agosto San Ciprián de Pitón acolle unha homenaxe gastronómica a esta carne. Será cun menú de tablas de ibéricos, empanada e por suposto carne ‘arreglada’ e bica. O viño, a gaseosa e o café entran no menú que ten un prezo de 15 euros e que cómpre reservar antes do día 23 de agosto no teléfono 630 638 246. A animación da xornada será cousa da charanga Albor.

 

 

24 Agosto, 2019

8:00 a.m. - 5:00 p.m.

A Peroxa

Pitón, A Peroxa, Ourense Spain
+ Google Map