Cargando Eventos

Sons de frauta no Ciclo Música no Outono

Protagonista: Concello de Sober

A frautista Marta Torres presentará o sábado, 11 de decembro en Sober o seu espectáculo ‘The Magical Flute’.

O concerto forma parte do ciclo ‘Música no Outono’ que organiza o Concello en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober. Será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural con entrada libre e de balde.

O concerto

‘The  Magical  Flute’ é un programa onde a frauta traveseira se presenta como único instrumento encargado de namorar ao público, mostrando a versatilidade do seu son grazas ao extenso repertorio composto ao longo de cinco séculos. Escoitaremos desde ‘As  Folies d’ Espagne’ ata a música dos compositores do noso país, pasando polo impresionismo de  Debussy e a potencia  tímbrica de  Berio. Un concerto completo da man do incrible son da frauta traveseira que non deixará indiferente a ninguén.

Marta Torres realizou os seus estudos superiores de frauta no Conservatorio de Liceo de Barcelona con  Christian  Farroni, e posteriormente os estudos de máster na Universidade  MUK de Viena con Karl- Heinz  Schütz, solista da Orquestra  Filharmónica de Viena. Gañou varios premios de música de cámara, foi finalista da Categoría Superior do Concurso Nacional de España ‘Andalucía Frauta’, e en 2019 obtivo o Segundo Premio de Mocidades Musicais de España da modalidade de vento. Colabora regularmente con orquestra profesionais, actividade que compaxina cos seus proxectos de cámara.

 

Programa

Francisco López-Martín: Mängata

Georg Philipp Telemann: Fantastia nº10 en Fa #menor

Friedrich Kuhlau: Divertissemente nº6, op. 68

Francisco Tárrega: Recuerdo de la Alhambra (arr. de Francisco López-Martín)

Claude Debussy: Syrinx

Luciano Berio: Sequenza I

Marin Marais: Les Folies d’Espagne

Isaac Albéniz: Asturias (arr. de Francisco López-Martín)

11 Decembro, 2021

7:00 p.m. - 8:00 p.m.

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map