Cargando Eventos

Verán Cultural de cinema, música e solidariedade

O Concello da Pobra do Brollón estará cheo de actividade cultural este verán. A media serán tres eventos por semana.
Un ciclo de concertos nas terrazas e outro de cine ao aire libre son os dous pratos fortes da programación.

O ciclo de concertos, ‘Cos pés na terraza’, leva ata os bares cinco actuacións comezando polo músico e escritor Xurxo Souto o día 31 de xullo, na terraza do Fogón. En agosto continúa o ciclo co Leo i Arremecághona (día 7), Xosé Constenla (día 14) e Pardo (día 21). Rematará o día 28 co artista local e compoñente de Los Árboles, Ale González.

Pola súa banda, o ciclo de cine ‘O Camiño na Gran Pantalla’, un proxecto subvencionado polo plan O Teu Xacobeo, inclúe a proxección de cinco películas ao aire libre. Todas as proxeccións serán nas noites de agosto na área recreativa de
Samugueiros, na Pobra do Brollón. Tres dos filmes serán de temática relacionada co Camiño de Santiago: o filme de animación ‘O Apóstolo’ (día 1), a película ‘Pelegrinaxes’ (día 15) e ‘The Way’ (día 29). Tamén se proxectará a premiada ‘Campeones’ (día 8) e a película infantil ‘Ralph rompe internet’ (día 22).

Tamén haberá espazo para a solidariedade coa proxección de dous documentais – ‘La Niña Bonita’ e ‘El loco del desierto’ – con entrada de 2€ destinados integramente a Acnur. Charla e proxección do artista e defensor dos dereitos humanos, Mohamed Said Hamdad, baixo o título ‘Papeles Mojados’.

No que se refire ás actividades para o público infantil estará Charo Pita (co seu espectáculo ‘Sen barreiras’ a mañá do 5 de agosto) e Caxoto Contacontos a mañá do 21 de agosto. O último sábado de xullo, o Mago Teto actuará na Casa da Cultura para todos os públicos e haberá outro espectáculo de maxia o día 18 de agosto. O programa de eventos complétase coa Romaría de San Lourenzo o 10 de agosto en Cereixa, e o 28 de xullo a presentación da novela ‘Pillabán, Pillabán’  de
Amador Castro Moure sobre a historia de María Castaña, oriúnda de Cereixa.

18 Xullo, 2019 - 18 Agosto, 2019

8:00 a.m. a 5:00 p.m.

Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map