Verán Cultural en Chantada
O Verán Cultural de Chantada acelera o seu ritmo no mes de agosto e primeiros de setembro.. A actividade vai ser continua nas vindeiras semanas e o Concello de Chantada xa fixo pública unha intensa programación que pretende, adaptada aos tempos de pandemia, ter opción para todas as idades. Veciñanza e visitantes poderán gozar de balde de todas e cada unha destas citas, case todas ao aire libre, pero sempre cumprindo coas normas anti-covid e os requisitos previstos en cada unha delas e en cada intre.
O Concello de Chantada reúne nun cartaz a meirande parte das actividades programadas para este verán por parte do organismo local e en colaboración con outros colectivos da vila e institucións. A continuación desglosamos as accións repartidas por datas. A meirande parte delas desenvolveránse na praza do Cantón, salvo as que sinalen outro escenario de xeito específico:
AGOSTO:
3 DE AGOSTO: Duncan de Palleiro ( Lila Teatro)- 20.00 h.
4 DE AGOSTO: O Traxe do Novo Rei ( Tarabelos) 12.00h/
Concerto Garufa Blue Devils Big Band 21.00h
6 DE AGOSTO: Ris-Ras ( Baobab Teatro) 20.00h
I Xornada ‘O Camiño, un espazo de Diálogo’ (10.00h Andaina e visitas guiadas dende Belesar a Chantada/ 16.00h-20.00 h. conferencias no auditorio)
7 DE AGOSTO: Concerto la Penúltima Sabinera, tributo a Sabina 23.00h.
8 DE AGOSTO: Banda de Música de Santa Cruz de de Ribadulla. 19.30h.
9 DE AGOSTO: Mago Antón durante todo o día na Praza de Galicia.
SEMANA DE CINEMA: Proxeccións co Cineclub Os Papeiros do 9 ao 12 de agosto ás 22.00h.
11 de AGOSTO: A Cabeza do Dragón (Títeres Cachirulo) 12.00h.
12 de AGOSTO: Micromina Títeres 12.00h
13 de AGOSTO: Concerto Gin Toni’s 23.00h
14 de AGOSTO: Noites á Luz da Lúa’ De Tradición’ con Suso Vaamonde e a Banda de Chantada 20.00h
15 de AGOSTO: CIRCO TRASNO 20.00h.
16 de AGOSTO: Mago Manuel Lamas 19.30h.
XXXI MOSTRA DE TEATRO MARUXA VILLANUEVA co colectivo Faro Miño do 17 ao 20 de AGOSTO ÁS 22.00 h.
18 de AGOSTO: Conto Concerto como montar a túa Banda de Verán (Xoán Curiel) 12.00h.
20 DE AGOSTO: Charanga Unión Phenosa 20.00h.
21 DE AGOSTO: Pasacalles dos Gaiteiros da Escola Tradicional de Música 11.30h.
Grupo Asia 23.00h
22 de AGOSTO: Pasacalles dos Gaiteiros Os Barrios 11.30h.
Banda de Música Xuvenil de Xinzo ( Ponteareas) ás 13.30h no Parque Eloísa Rivadulla
Certame de Bandas: 18.30h. Banda de Música Xuvenil de Xinzo e Banda de Música de Chantada
23 DE AGOSTO: Pasacalles cos gaiteiros Os Barrios 11.30h.
Festa Infantil con xogos populares ás 17.00h Parque Eloísa Rivadulla
Concerto Fábrica de Espejos 23.00h.
25 de AGOSTO: Maxia Divertida 3.0 co Mago Paco. 12.00h.
26 de AGOSTO: Feira das Sementes ( Títeres Babaluva) 20.00h
27 de AGOSTO: Concerto Mitic Espectáculo 23.00h
27 e 28 de AGOSTO: VI Edición da Ruta Galifornia
28 de AGOSTO: Concerto de David Prado ás 23.00h.
29 de AGOSTO: XXX Certame de Bandas. 18.30h. Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia e Banda Artística de Arcade
SETEMBRO
2 DE SETEMBRO: Contos para derreter a cera ( Alba Grande) 12.00h
4 DE SETEMBRO: ISLA LETRISCA ( Circo) 20.00h.
5 DE SETEMBRO: Alegop Cía ( Teatro e Circo) 20.00h.
10 de SETEMBRO: Carta de Axuste ( Humor e Música. O mellor e o peor dos 80 e dos 90 en concertó. 21.00h.
11 de SETEMBRO: Álex Ilusionista. 20.00h.
18 de SETEMBRO: II xornada ‘O Camiño, un espazo de diálogo’ con andaina pola mañá e conferencias de 16.00h a 20.00h no auditorio
Xa o Domingo, 26 de setembro, será a quenda da música de Unión Phenosa. Tamén ás 20.00h. no Cantón. Música de charanga para estirar o verán de actividades na vila do Asma.