Cargando Eventos

Verán Cultural Pantón

Protagonista: Concello de Pantón

O Concello de Pantón desenvolve durante os meses de xullo e agosto unha ampla programación cultural e de lecer para todos os públicos.
As actividades comezan o venres 1 de xullo, coa posta en marcha dos Campamentos de Verán, que este ano terán lugar en en 4 quendas, durante dous meses en horario de 10:00 a 14:00.

Sábados na Praza

Durante os sábados de xullo e agosto a partir das 23:00 a Praza do Concello de Pantón
acollerá algunha actividade cultural, coa seguinte axenda:
 Día 2 de xullo, Rocketeamos Todas con Pakolas. (Ler conta moito).
 Día 9 de xullo, Diario de dúas músicas do século XXI. (Ler conta moito).
Estas actividades están máis orientadas ao público infantil, aproveitando que nas tardes e
noites do verán fórmase un bo grupo de nenos xogando na praza, para darlles máis
opcións de lecer.
 Día 15 de xullo, Live is life. Proxectarase a película do director monfortino, Dani de la Torre, que conta con moitos escenarios de Pantón. Esta actividade faise en venres porque o sábado, 16 de xullo, celébrase a Batalla de Grupos do Trece Roeis Fest.
 Día 23 de xullo, concerto da fadista, Iria Estévez.
 Día 30 de xullo, concerto dos galegos de The Tetas´ Van.

 Día 6 de agosto, espectáculo Círculo de Lume, onde se mesturan danza e
acrobacias nun espectáculo con lume.
 Día 27 de agosto, concerto do cantante e compositor, Xan Curiel. Este concerto
será ás 22:00h.

Estas actividades están programadas ás 23:00 h. para o aproveitamento da piscina municipal deica as 21.00 h. O venres, 1 de xullo é a data de apeertura da Piscina Municipal de Pantón. As instalacións que estarán
atendidas por dous socorristas permanecerán abertas todos os días en horario ininterrompido de 13:00 a 21:00h. O prezo da entrada será de 1,50€ e menores de 16 anos non teñen que pagar nada.

4 Xullo, 2022 - 30 Xullo, 2022

Pantón

Lugo
+ Google Map