Cargando Eventos

Vida con arte no rural: xuntanza de proxectos

Protagonista: Cinema Palleiriso

O Cinema Palleiriso, na aldea de Garabelos, en Chantada, será o 13 de xullo un centro de convivencia entre distintos proxectos relacionados co desenvolvemento e coa arte con base no rural.  A xornada busca dar a coñecer as diferentes iniciativas e favorecer o intercambio de coñecemento e experiencia entre elas. Están convidados un total de 13 proxectos das provincias de Lugo e Ourense. Existen accións vencelladas a áreas como a danza, a creación artística ou a organización de eventos musicais ou residencias artísticas. Tódolos proxectos comparten o seu caracter independente e os valores de respecto polo medio ambiente.

Este encontro, voluntario e autoxestionado, coordinado por Cristina Castro e a familia de Anxo Moure, está dirixido unicamente ás persoas que participan dos devanditos proxectos ou interesadas en emprender iniciativas neste eido. O día rematará cun concerto de Davide Salvado que sí é aberto á veciñanza da zona.