Cargando Eventos

VIII edición dos Cantos de Taberna

A tradición dos Cantos de Taberna consolídase na Pobra do Brollón. Música tradicional galega, o mellor da gastronomía local e moitas moitas  ganas de festa. Estas son as motivacións das quince agrupacións participarán nesta VIII edición dos Cantos de Taberna que se vai celebrar o vindeiro 8 de decembro. Destas 4 son locais e o resto doutros concellos da Ribeira Sacra como Chantada ou O Saviñao ou doutras vilas galegas. Farán un percorrido por seis establecementos participantes no Concurso de Tapas. Ás 16.30 os grupos participantes acudirán ao Concello para coñecer os itinerarios e a partir das 17.00 horas comezará a actividade da que se prevé o peche ás 23.00. Aínda que o máis probable é que a troula e a festa duren ata ben entrada a madrugada.

 

OS CORENTA E CHINCO BOYS * SEARAS * CON TON E SON * AS RECUNCADAS *OS SOMONTANOS  *OS ESTOUPAFOLES * SON DO MAO * SÓMOSCHE D’HERBAS * CANTAREIROS DA UNIÓN *DE MARCÓN PRA RIBA * SKACHACUNCHAS * OS TABERNÍCOLAS * OS AMIGOS DO CALDEIRO *OS PARRANDAS * AS MACIZAS CENTRAIS

 

8 Decembro, 2018

4:30 p.m. - 11:00 p.m.

Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón Lugo Spain
+ Google Map