Cargando Eventos

Os viños da Ribeira Sacra no salón ‘Vinis Terrae’

Protagonista: Expourense

Os viños da D.O. Ribeira Sacra estará representados en Vinis Terrae, o salón profesional especializado tamén en licores galegos de calidade. Celébrase os días 1 e 2 de abril en Expourense. O recinto é nestes momentos un gran centro de negocios no que se facilitará o contacto directo entre adegas e compradores nacionais da distribución e da hostalería. Tamén están presentes importadores de distintos países. A Denominación de Orixe Ribeira Sacra acode con stand propio no que, en horario de 10.00 a 18.00, darase información sobre os viños e repartirase material promocional da Denominación. Ademais os viños da D.O. Ribeira Sacra formarán parte das catas comentadas que desenvolve o EVEGA. Pola súa parte tamén estará representadas algunhas adegas a título particular como Adegas Cachín, Adega Tear, Adega Ribada, Adega Régoa,
Adegas Pilares de Belesar, Karma do Sil, Rectoral de Amandi e Virxen dos Remedios. Vinis Terrae ofrece novas oportunidades comerciais para os viños da D.O. Ribeira Sacra en mercados nacionais con gran concentración turística. Tamén permite xerar contactos no estranxeiro con  persoas interesadas na produción galega, impulsando a exportación no sector.

1 Abril, 2019 - 2 Abril, 2019

Ribeira Sacra

Barrio Farixa Sup, 2B,
Ourense, Ourense 32005 Spain
+ Google Map