Cargando Eventos

Visitas ao románico no Día Internacional do Guía de Turismo

Protagonista: Máis que Románico

Este 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional do Guía de Turismo. A Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia lembra que este ano a data esta dedicada á #turismofilia e pretende lembrar a relevancia que esta actividade económica e cultural ten en todo o país. Dun xeito especial celebrarase na Ribeira Sacra cunha visita guiada a través da firma Máis que Románico. Será de balde e comezará ás 16.30h. en Santo Estevo de Ribas de Miño ( O Saviñao).

Observacións: É preciso levar coche propio ata o punto de partida para distribuírse e moverse entre os distintos monumentos a visitar dentro da Ruta do Románico. Farase unha colecta en favor do Recuncho Solidario que leva a cabo unha importante labor social na zona.

21 Febreiro, 2019

4:30 p.m. - 7:30 p.m.

Ribeira Sacra

santo Estevo de Ribas de Miño
O Saviñao, Lugo 27594 Spain
+ Google Map