Cargando Eventos

Visitas guiadas ao barrio xudeu

Monforte, en memoria do seu pasado e historia, celebra este domingo. 1 de setembro a Xornada Europea da Cultura Xudía. Faráo con visitas guiadas á xudería de Lemos, o seu casco vello, da man do experto en historial local, Felipe Aira Pardo. Todas aquelas persoas interesadas en coñecer a Xudaría de Monforte, poderán sumarse a estas visitas de balde que sairán dende a Oficina Municipal de Turismo (rúa Comercio, 6) ás 11:30h. e ás 18:00 h. Desta maneira conmemórase o 20 aniversario deste día de lembranza.

Monforte de Lemos

Monforte de Lemos, Lugo 27400
+ Google Map