Cargando Eventos

Visitas guiadas na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón pón en marcha un novo programa de visitas guiadas por distintos recunchos e proxectos de interese do municipio neste verán. A iniciativa tivo unha alta resposta en anteriores ocasións e desta volta está deseñada dun xeito modular para que as persoas visitantes deseñen o seu propio percorrido.

As visitas terán lugar dende o sábado 18 de xullo deica o domingo 16 de agosto todos os días excepto os luns. Entre semana pódense visitar as escavacións arqueolóxicas dos Conventos en Vilachá e o Castro de San Lourenzo en Cereixa. Tamén está a experiencia Adegas da Memoria, unha andaina polas adegas tradicionais de Vilachá con explicacións historicas e cata (a devandita degustación ten un prezo de 3 euros).

A Cova das Choias é outro dos puntos únicos e de de interese, cun musgo luminescente e unha vida soterrada chea de seres míticos.

Para máis información ou reservas , o teléfono de contacto é o 650 624 828.

18 Xullo, 2020 - 16 Agosto, 2020

Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map