Cargando Eventos

Volei praia no interior

En Ferreira, a capital de Pantón practícase o volei praia. O complexo de Monte Baliño, onde se emprazan as piscinas municipais conta cunha pista de area na que estes días o Concello de Pantón pretende fomentar esta disciplina deportiva. Este sábado, 20 de xullo, terá lugar unha xornada de portas abertas con monitores/as na que poden participar todas aquelas persoas que o desexen a partir dos 14 anos de idade. Será de 11.00h a 12.30h.

20 Xullo, 2019

11:00 a.m. - 12:30 p.m.

Pantón

Ferreira de Pantón
Pantón, Lugo 27430 Spain
+ Google Map