Cargando Eventos

Volve o Festival 17º Ribeira Sacra

Protagonista: Festival 17º Ribeira Sacra

Depedro e Ian Kay súmanse ao cartel de 17° Ribeira Sacra Festival, que celebrará a súa quinta  edición do 16 ao 18 de xullo de 2021. Estes das dúas formacións únense aos xa confirmados Teenage Fanclub, The Excitements,  Bronquio, Ale, Budiño & Novoa, Auto Sacramental e dani. A oferta musical aderézase con moitas outras actividades repartidas, coma sempre en varios escenarios da Ribeira Sacra que a organización vai desvelando aos poucos.

Galardoado en 2020 co “Best Small Festival” nos Iberian Festival Awards, 17º Ribeira Sacra Festival ten achegado a figuras do panorama estatal e do internacional da música e introducido accións que son guiós á cultura do territorio onde se desenvolve, A Ribeira Sacra. Patrocinado en boa parte por Cervezas Alhambra conta cunha variada oferta gastronómica. Con detalles por concretar, o festival sucederá en adegas, miradoiros, catamarán e novas localizacións que pretenden enriquecer a experiencia do público asistente.

Máis información, abonos etc.: https://festivalribeirasacra.com