Cargando Eventos

Voz e contrabaixo no Ateneo Casino

Protagonista: Ateneo Casino Lemos

O próximo sábado 16 de xaneiro dará comezo a nova programación de actividades do Ateneo Casino cun concerto de contrabaixo e voz.  Será a cargo de Lorena do Val e Gonzalo Herrero, ambos docentes da Escola de Música Moderna de Monforte. O dúo ofrecerá un repertorio variado que levará ao público nunha viaxe polas músicas do mundo.  

A actuación terá lugar no salón de xogos do Ateneo baixo o formato de café-concerto, polo que haberá servizo de bar. A entrada é gratuíta, previa reserva xa que as prazas son limitadas para cumprir coas medidas sanitarias. As reservas fanse no teléfono 648 435 033, mediante WhatsApp. 

Dende a organización sinalan que a unidade de reserva será a mesa, polo que cada reserva pode incluír ata 4 persoas, en cada mensaxe, ademais dos datos persoais debe indicarse o número de persoas por mesa.  

Están programadas no Ateneo Casino outras dúas actividades para o mes de xaneiro. O venres 22, haberá sesión de narración oral co espectáculo Costureiras de Tarabela Creativa, e o último venres do mes, terá lugar unha proxección e performance arredor da longa documental Dorothé na vila

O prazo de reservas para estas actividades abriranse a medida que se achegue a data.

 

Monforte de Lemos

Avenida de Galicia
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map