Cargando Eventos

Workshop Internacional Paisaxe Camiño de Inverno

A Casa Grande de Rosende, en Sober, acolle do 2 ao 6 de sembro unhas xornadas sobre paisaxe titualdas ‘Tralas Pegadas do Camiño de Inverno nas Paisaxes da Ribeira Sacra’. Están organizadas pola Fundación Juana de Vega e patrocinadas pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021. O seminario está dirixido fundamentalmente a enxeñeiros, arquitectos, paisaxistas e outros profesionais que traballan ou teñen interese na posta en valor e divulgación da cultura e dpos valores do medio rural, así como as persoas vencelladas a este territorio que traballen en turismo u en desenvolvemento rural.

A primeira edición deste workshop estará centrada no Camiño de Inverno entre Quiroga e Monforte de Lemos. Un dos obxectivos é avaliar esta ruta xacobea como elemento vertebrador dun crecemento económico sustentable.

Máis información en : www.juanadevega.org e no teléfono 981 654 637

2 Setembro, 2019 - 6 Setembro, 2019

Sober

Rosende
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map