Cargando Eventos

Xincanas Infantís

No Concello de Chantada seguen a preparar actividades salpicadas ao longo dos días e para todos os públicos. Xunto coa firma Velaísca comezan unha serie de xincanas infantís que consistirán en mini xogos por grupos, cun mínimo de 5 e un máximo de 8 participantes. Serán os días 21, 24 e 28 de agosto e o lugar para as inscricións é a casa da Cultura de Chantada. Todas aquelas nenas e nenos que se anoten a esta actividade lúdica- educativa poden facelo de xeito individual ou por grupos.

É obrigatorio o uso da máscara sanitaria. As accións desenvolveranse no horario de 10.30h. deica as 13.30 h.

 

21 Agosto, 2020 - 28 Agosto, 2020

8:00 a.m. a 5:00 p.m.

Chantada

Chantada
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map