Cargando Eventos

Xornada de conferencias arredor do Folión de Carros

Protagonista: Asociación de Amigos do Folión

A asociación Amigos do Folión, organizadora do desfile do Folión de Carros de Chantada e das actividades paralelas a esta Festa de Interese Turístico Galego, repite a iniciativa de levar a cabo un debate e moita aprendizaxe arredor das tradicións, a etnografía, a cultura e diversos temas que emparentan coa esencia do propio Folión. Por isto o 17 de agosto, o auditorio municipal de Chantada será novamente a sede para unha serie de charlas e coloquios abertos, proxeccións e actos de homenaxe que contarán coa participación de expertos chegados de distintas zonas do territorio. Falarase de antropoloxía, de tradicións de economía e de desenvolvemento e proxectos na Ribeira Sacra.

 

17 Agosto, 2019

10:30 a.m. - 8:00 p.m.

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map