Cargando Eventos

Xornada infantil creativa #manterofolión

Os Amigos do Folión non esquecen as nenas e os nenos e o seu amor pola gran festa chantadina, que este ano non poderá celebrarse por mor das restricións da pandemia. Por isto o público infantil volverá pintar o seu mural este ano, este mércores 19 de agosto, na rúa Uxío Novoneira, fronte ao establecemento Ubuntu Refugallos. As raparigas e raparigos que asistan deberán usar a máscara de protección sanitaria e roupa cómoda que quizáis poidan tinguir con pintura durante o desenvolvemento da actividade.

Esta acción creativa terá lugar durante a mañá, dende as 10.30h ás 12.30h. divididos en grupos de máximo 8 persoas e en distintos tramos de idade ao longo da mañá.

As inscricións e información deben facerse nos teléfonos 667 227 603/ 627 262 174 ou a través do correo electrónico amigosdofolion@gmail.com

 

 

19 Agosto, 2020

10:30 a.m. - 12:30 p.m.

Chantada

Uxío Novoneira
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map