Cargando Eventos

Xornada poética en Chantada

Protagonista: Círculo Recreativo Cultural de Chantada

O Círculo Recreativo Cultural de Chantada acollerá este xoves ás 20:30 un acto poético: a presentación de Campos de batalla da autora natural de Paradela Sonia Arias López. Baixo este título e cunha máxima clara, “Quen queira flores que as queira”, esta escritora propón un texto autobiográfico que pode facer “soporte a persoas ante situacións vitais difíciles ou emocións a descubrir”. Trátase dun traballo publicado pola editorial Angels Fortune e é a segunda escolma poética desta autora. No acto participarán Rocío López Núñez, José Carlos Ulloa García, ademais da autora, nun acto conducido por Xosé Ramón Porto.

24 Xaneiro, 2019

8:30 p.m. - 10:00 p.m.

Chantada

Av. de Ourense, 7
Chantada, lugo 27500 Spain
+ Google Map