Cargando Eventos

Xornada Polafía Taboada

Casa do Romualdo, en Taboada, será o eixo dunha xornada cultural preparada para este sábado en Taboada dende a Sección de literatura de tradición oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A actividade que se levará a cabo este 12 de outubro ás 17:00 horas, ou durante toda a xornada, contará coas intervencións de Ana Rey Gay, Xosé Manuel Vázquez. Ana Vila Portomeñe Francisco Almuíña, Anxo Moure e outras veciñas da contorna. Haberá música a cargo de Francisco de Romualdo e as accións comezarán previamente á propia actividade de Polafía ‘Cabezudos e loitadoras’:

11:30 h. Acollida en Casa do Romualdo
12:00 h. Saída cara a Ralle para coñecer a cabeza do guerreiro de Ralle e os esgrafiados, guiados polo historiador e etnógrafo Xosé Manuel Vázquez
14:00h. Xantar en Casa do Romualdo Con reserva previa. Prazas limitadas. Ao facer a reserva comunique intolerancias alimentarias /Prezo por persoa: 16 euros / Reservas para o xantar: 982 455 010 / 650 226 646.

As Polafías son un proxecto nacido en 2007 da man da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e que, con coordinación de Antonio Reigosa, ten como obxectivo recuperar usos de creación musical e literaria de carácter popular, por medio dunha adaptación das antigas xuntanzas tradicionais (fiadas, polavilas, etc) aos tempos actuais, nos que os recursos técnicos permiten darlle un carácter estable e con garantía de futuro á creación espontánea dos asistentes. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora nos axudamos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de internet, para conseguir unha ampla difusión deste patrimonio.

Esta acción conta co patrocinio da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) e a colaboración do Concello de Taboada e Casa do Romualdo.

 

12 Outubro, 2019

10:30 a.m. - 6:30 p.m.

Taboada

Vilar, 6, Vilela
Taboada, Lugo 27596 Spain
+ Google Map