Cargando Eventos

Xornadas Bioconstrución e arquitectura vernácula

Espiga (Asociación Galega para a Bioconstrución) organiza as ‘VI Xornadas de Bioconstrución. Arquitectura Vernácula e os seis oficios’ os días 13, 14 e 15 de setembro na finca San Xoán de Tor. Pazo de Tor, en Monforte de Lemos. Comezarán coa presentación da Asociación e con conferencias durante a xornada do venres tarde e sábado de maña. A proposta para este ano é a arquitectura vernácula e os seus oficios. Este colectivo considera que a base da construción é a arquitectura propia do territorio, onde prima o uso de materiais locais, o coñecemento topográfico do lugar e tamén climático e cultural. Por outro lado está tamén as técnicas tradicionais, a construción segundo o modo de vivir e todo un legado esquecido que non adoita respectarse na meirande parte das obras actuais. O obxectivo deste encontro é visibilizar, apoiar  e reunir nun grande evento aos profesionais neste campo e á sociedade interesada nunha construción máis responsable.

Habilitarase unha zona de acampada libre como en anos anteriores. Haberá almorzos, comidas e ceas con inscripción previa obligatoria. Terán lugar obradoiros e actividades para as nenas e os ne As xornadas son de balde pero é preciso inscribirse: http://espigabioconstrucion.org/actividades/

13 Setembro, 2019 - 15 Setembro, 2019

Monforte de Lemos

San Xoán de Tor s/n
San Xoán de Tor, Monforte de Lemos, Lugo 27591 Spain
+ Google Map