Cargando Eventos

Xornadas de emprendemento

O Servizo de Orientación Laboral dos Concello de Carballedo e Chantada e a aula Cemit deste segundo municipio impulsan unhas xornadas de emprendemento dirixidas persoas en activo ou desempregadas. A idea é mellorar a empregabilidade e favorecer a adquisición de competencias para a transformación dixital no ámbito do emprendemento.

O martes, 15 de outubro, terá lugar a primeira delas e estará centrada no Ecosistema emprendendor co traballo sobre  a terminloxía das start ups. coworking, desing Thinking… e as fontes de finanzamento nas distintas fases de posta en marcha dun negocio.

O mércores, 16 de outubro, a xornada centrarase nas ‘Propostas de valor e modelo de negocio’. Falarase de ingresos e custos, metodoloxías e ferramentas como o mapa de empatía, o modelo Canvas etc.

Xa o xoves, 17 de outubro, a sesión final estará pensada para o estudo de ‘Como conseguir os primeiros clientes’. As métricas e as canles de marketing e pitching para a venda.

O curso rematará coa obtención dun certificado e desenvolverase de 17.00 h. a 21.00h. as tres xornadas. As inscricións poden facerse a través do teléfono 982 466 201 ou a tra ves da web https://adalidformacionyempleo.com/redes/

15 Outubro, 2019 - 17 Outubro, 2019

5:00 p.m. a 9:00 p.m.

Carballedo

Praza Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, 1
A Barrela, Lugo 27520 Spain
+ Google Map