Cargando Eventos

Xornadas do Románico en Pantón

Unha serie de accións culturais e divulgativas compoñen a programación das Xornadas do Románico de Pantón. Todas as actividades son abertas e de balde repartidas en distintos escenarios do municipio:

-7 de xuño/ 20.00h.: Conferencia ‘El cementerio: espacio de memoria, espacio silenciado’ de Antonia Pérez Naya. Salón de actos do Concello.

-16 de xuño/19.00h.:VIII edición Sinfonía no Mosteiro. Concerto do trío do corda Concertino. Igrexa convento das Bernardas de Ferreira.

-22 de xuño/ 19.30 h.: Presentación II Anuario Vía Jacobitana do Camiño de Inverno/ Aida Menéndez, Manola Porto e Flora Enríquez. Salón de actos do Concello.

-23 de xuño: Ruta polo Camiño de Inverno de Pantón con visita ás igrexas de Santiago e San Vicente de Castillón.

-28 de xuño/ 20.00h: Conferencia ‘Arqueoloxías arredor dos santiños e da cristianización da Ribeira Sacra con Felipe Senén López. Inauguración da exposición La Luna y las mareas, obra recente de Antonio Pazos. Edificio sociocultural de Ferreira.

-7 de xullo/ 19.00h: Acto poético artístico. Poemario ‘Arquitecturas da pena’. Presentación da restauración da talla románica do Cristo Maxestade de santa María de Ferreira. Eilún del Pazo e Carolina Casal. Música en directo a cargo de Iria Estévez. Todo no xardín do convento das Bernardas de Ferreira.

-3 de agosto/ 19.00h: Concerto de jazz de Daniel Casares Quartet. Igrexa de Santo Estevo de Atán

7 Xuño, 2019 - 3 Agosto, 2019

Pantón

Praza do Concello s/n
Ferreira, Lugo 27430 Spain
+ Google Map