Cargando Eventos

Xornadas Micolóxicas

Protagonista: A Fábrica da Luz

Para os/as amantes da micoloxía e tamén para os/as que queren iniciarse nela, a cita está o domingo, 4 de novembro, en Parada de Sil. A Fábrica da Luz ten deseñada unha completa programación para a xornada dominical na que os cogomelos serán o centro da actividade.

Todo comezará ás dez da mañá coa presentación da actividade e unha iniciación á microscopia dos cogomelos no lugar da Fábrica e Barxacova.  Ás 11.00h. está prevista a saída ao monte para a recolleita de cogomelos e a partir das 13.30h. prepararase o xantar para degustalo acto seguido despois dun paseo que se adiviña ben produtivo. Aprender a recoñecer as distintas tipoloxías de fungos comestibles e non comestibles é o obxectivo. Xa na sobremesa, e deica as 15.30h,.  a acción centrarase no recoñecemento das distintas clases a través da microscopia dos cogomelos.

Cartel das Xornadas Micolóxicas na Fábrica da Luz

——————————————————————————————————————

Información en reservas: info@fabricadaluz.com ou nos teléfonos 988 984 990/ 679 060 509/ 696 481 987. As prazas son limitadas.

Prezos: A xornada é de balde, e a participación no xantar ten un custe de 15 euros.

4 Novembro, 2018

11:00 a.m. - 6:00 p.m.

Parada de Sil

Barxacova s/n
Parada do Sil, Ourense 32741 Spain
+ Google Map