Xoves de comadres e baile da cachucha
Sober é un dos concellos onde se mantén con maior forza a tradición dos compadres e comadres. Este xoves, 28 de febreiro, a veciñanza elaborará as comadres na vila e nas parroquias do municipio. Será o preludio do sábado de entroido e do Baile da Cachucha, que terá lugar no pavillón escolar. Antes haberá desfile de comparsas polas rúas de Sober, música, inflables infantís e merenda para as nenas e nenos. Para os maiores viño de Amandi e cachucha de porco, ademais dos premios aos mellores atuendos.