Cargando Eventos

Xoves de comadres e compadres

Protagonista: Concello de Pantón

Son varios os municipios nos que loitan por conservar unha tradición única do entroido como é a celebración dos xoves de compadres e comadres. Pantón, xunto con Sober e O Saviñao, son lugares onde esta festa preludio dos días grandes do entroido, nos dous xoves anteriores, non daba tregua á rivalidade amigable entre veciñas e veciños.

Antigamente os homes elaboraban as bonecas de palla e roupa vella no xoves de comadres e posteriormente ardían nos espazos públicos co obxectivo de que as mulleres apagaran as lapas destas representacións con forma humana feminina ou de parodia de realidades locais. O mesmo o xoves de compadres, pero ao xeito contrario, día no que as mulleres elaboraban os bonecos satíricos que representaban as figuras masculinas, ás veces con nome e apelidos.

Na actualidade a festa sufriu certas modificacións e o lume non está tan presente. Tamén mudaron os materiais e as representacións, sen distinguir tanto o xénero á hora de elaborar conxuntamente entre todas e todos tanto os compadres coma as comadres. A idea é que non se perda tan ancestral tradición destas terre, que era símbolo da comuñón festiva entre as comunidades locais. Por isto, nestas datas hai concursos de compadres e comadres nos que participan por parroquias e centros educativos e sociais. As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao concellos.

No caso de Pantón xa anunciaron esta iniciativa e para anotarse ou informarse poden chamar ao número 982 456 377 ou acudir á casa da cultura.

17 Febreiro, 2022 - 24 Febreiro, 2022

Pantón

Ferreira de Pantón, Lugo 27430 Spain
+ Google Map