Cargando Eventos

Xurxo Souto e o teatro de Bátega no Ateneo

Protagonista: Ateneo Casino Lemos

Esta fin de semana haberá teatro, libros e música no Ateneo Casino de Monforte de Lemos.

A compañía Bátega estará o venres ás 20.00h. con O Mundo de MartiñaPedro Insua e Raquel López Cendán representan esta obra que conta o periplo  vital de Martiña a través dun monólogo musicado e entretecido con cancións e  diálogos. O espectáculo está subvencionado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. A entrada é de balde, previa reserva. 

O sábado ás 12.30h. terá lugar a presentación do libro Pangalaica. Recortes poderosos (Editorial Galaxia) a cargo do seu autor, Xurxo  Souto. O libro é uha recompilación de artigos publicados en Nós Diario e que  recollen historias e persoas que Xurxo foi coñecendo dende que, hai trinta anos, comezou a percorrer o país co primeiro disco dos Diplomáticos de  Monte-Alto, Arroutada Pangalaica

Ambos eventos son de entrada libre previa reserva no teléfono 648 435 033 (preferiblemente por WhatsApp).

14 Maio, 2021 - 15 Maio, 2021

Monforte de Lemos

Avenida de Galicia
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map