Cargando Eventos

XXIV Feira da Rosca

Protagonista: Concello de Sober

Os días 11 e 12 de agosto en Sober os productos locais son os protagonistas. A XXIV Feira da Rosca do Mel e doutros productos da Ribeira Sacra estará complementada co Túnel do Viño.
Rosqueiros, produtores de mel, oleiros, queixerías, ferreiros, e produtores de castaña sumarán ata 18 postos, que xunto a 30 adegas farán unha feira moi completa e unha boa representación da artesanía e dos produtos do concello de Sober. O domingo ás nove e media da noite inaugúrase a feira que se desenvolverá durante toda a xornada do luns. Non falatará a música coa Banda Municipal de Sober, Os Parentes e Airiños de Orbazai.

11 Agosto, 2019 - 12 Agosto, 2019

Sober

Sober, Lugo 27460
+ Google Map