Un paquete de turismo inclusivo na Ribeira Sacra no Xacobeo

Pantón
30 Setembro 2019
Turismo
Redacción | 30 de setembro de 2019
Un proxecto de patrimonio e turismo inclusivo na Ribeira Sacra é un dos beneficiarios do Plan Xacobeo 2021. Foi presentado en Pantón pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, como unha das 350 iniciativas que terán apoio deste plan autonómico e está impulsada polo Ateneo de Pontevedra co asesoramento de entidades como a ONCE, Cogami e Todo  Inclusión. Esta acción non quere perder tampouco o enfoque de xénero ademais do da inclusión das persoas con distintas capacidades. Trátase de deseñar un menú adapatado dende o punto de vista da peregrinación, a antropoloxía, o enoturismo, a gastronomía ou a navegación fluvial desta zona.  Afirmaron que terá en conta a participación nas propostas de lecer de colectivos con distintos graos de discapacidade, e divulgará o Camiño de Inverno e o románico. Por outro lado pretende dotar aos axentes turísticos de competencias para a creación de servizos accesibles e" fortalecer as identidades individuais e colectivas da poboación da contorna, facéndoos partícipes na nova oferta turística como transmisores do seu patrimonio inmaterial". Todo comezará por un traballo de campo para detectar as necesidades da zona neste senso e ao remate editarase unha guía de experiencias con actividades sobre patrimonio cultural, natural, enolóxico, gastronómico e inmaterial. A iniciativa tamén inclúe vídeos promocionais do Camiño de Inverno. 

Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis